Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.816

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 275/1997, do 1 de outubro, polo que se crea a Subcomisión de Informática Educativa.

O Decreto 290/1992, do 8 de outubro, polo que se modifica a composición e funcións da Comisión de Informática da Xunta de Galicia, crea as subcomisións de Informática Fiscal e Orzamentaria e a Sanitaria, co fin de estudiar e elevar ó Pleno da comisión, as propostas relativas á planificación e desenvolvemento da informática especializada nas ditas áreas.

A crecente implantación da tecnoloxía da información na área educativa fai aconsellable a creación dun órgano especializado no estudio das iniciativas informáticas en materia de educación e ordenación universitaria.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na reunión con data do un de outubro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Dependendo da Comisión de Informática da Xunta de Galicia, créase a Subcomisión de Informática Educativa, que se encargará de elevar ó Pleno da comisión, as propostas relativas á planificación xeral e desenvolvemento da informática educativa.

Artigo 2º

A Subcomisión de Informática Educativa terá a seguinte composición:

Presidente: o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vocais: o director xeral de Organización e Sistemas Informáticos.

O director xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O director xeral de Centros e Inspección Educativa.

O director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

O director xeral de Universidades e Investigación.

O director xeral de Política Lingüística.

O xefe do Servicio de Informática da consellería.

Secretario: o subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

Artigo 3º

Os membros desta subcomisión poderán delegar en favor dun subdirector ou xefe de servicio do seu centro directivo.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, un de outubro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7568