Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Empresarios de la Ganadería Gallega (Aega).

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositado o día 26 de agosto de 1997 certificación do secretario da Asociación de Empresarios de la Ganadería Gallega (Aega), Xosé Luis Rey Carreira, co visto e prace do seu presidente, na que se fai consta-lo acordo acadado na xunta xeral extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela

o día 18 de agosto de 1997, e que consiste na disolución da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7584