Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0101 e 97/004.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 16 de setembro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: EN 96/0101.

Denunciado: José M. Corral Villaverde.

Último enderezo coñecido: Avda. das Américas, 26, Sta. Cristina-Oleiros (A Coruña).

Feitos denunciados: ter sen autorización dous exemplares de mascato naturalizados.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación da infracción:

Artigo infrinxido: 38.8º.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 40.000 ptas.

Procedemento sancionador número: 97/004.

Denunciado: Rogelio Ant. Carleos Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Mª Antonia Salva, 75, B. de Palma de Mallorca (Baleares).

Feitos denunciados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación da infracción:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

7503