Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.730

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de setembro de 1997 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Convocada, por Orde do 31 de xullo de 1997 (DOG nº 150, do 6 de agosto de 1997), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto

93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, anunciada por Orde do 31 de xullo de 1997 (DOG nº 150, do 6 de agosto de 1997).

Segundo.-Declarar deserto o posto de traballo de secretario/a provincial ante a falta de solicitudes de participación na citada convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1997.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7023