Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.671

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 9 de outubro de 1997 ás dez horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidadee á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 4 de outubro de 1997, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Madrid, 16 de setembro de 1997.

Rafael Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

UNIVERSIDADE DE VIGO

* Concursos convocados por resolución da universidade do 21-3-1997 e BOE do 12-4-1997.

Concurso nº: 28.

Nº sorteo: 33598.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: inmunoloxía.

Presidente titular: José Peña Martínez.

Vocal secretario titular: Antonio de la Hera Martínez.

Concurso nº: 29.

Nº sorteo: 33599.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química inorgánica.

Presidente titular: José Sergio Casas Fernández.

Vocal secretario titular: María del Pilar Rodríguez Seoane.

Concurso nº: 30.

Nº sorteo: 33600.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería química.

Presidente titular: Manuel Bao Iglesias.

Vocal secretario titular: Juan José Casares Long.

Concurso nº: 31.

Nº sorteo: 33601.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Presidente titular: Antonio García Pino.

Vocal secretario titular: Antonio S. Pena Giménez.

Concurso nº: 32.

Nº sorteo: 33602.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: José Luis García Delgado.

Vocal secretario titular: Juan Carlos Surís Regueiro.

Concurso nº: 33.

Nº sorteo: 33603.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Antonio Costas Comesaña.

Vocal secretario titular: Xosé Carlos Arias Moreira.

Concurso nº: 34.

Nº sorteo: 33604.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: Camilo Prado Freire.

Vocal secretario titular: Manuel Guisado Tato.

Concurso nº: 35.

Nº sorteo: 33605.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: Camilo Prado Freire.

Vocal secretario titular: Manuel Guisado Tato.

Concurso nº: 36.

Nº sorteo: 33606.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: expresión gráfica na enxeñería.

Presidente titular: Joel Fernández Soto.

Vocal secretario titular: José Luis González Cespón.

Concurso nº: 37.

Nº sorteo: 33607.

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: expresión gráfica na enxeñería.

Presidente titular: Joel Fernández Soto.

Vocal secretario titular: José Luis González Cespón.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

* Concursos convocados por resolución da universidade do 22-11-1996 e BOE do 20-12-1996.

Concurso nº: 59.

Nº sorteo: 33575.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: expresión gráfica arquitectónica.

Presidente titular: Juan Antonio Sánchez Gallego.

Vocal secretario titular: Miguel García Lisón.

7217