Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.670

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 29 de xullo de 1997, relativa á publicación da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

A Resolución do 29 de xullo de 1997 (DOG nº 152, do 8 de agosto) publicou a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 19 de xuño de 1995 para ingreso na categoría de ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total, segundo o acordo do tribunal encargado de xulga-lo dito proceso selectivo, que contén a relación definitiva de aspirantes seleccionados.

De conformidade co previsto na base décima da devandita convocatoria, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola autoridade convocante poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, e así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal.

Xa que logo, advertido erro material e aritmético na puntuación outorgada, no apartado de experiencia da fase de concurso, a unha das aspirantes seleccionadas, cómpre face-la oportuna rectificación.

Polo tanto, este centro directivo,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la puntuación outorgada no apartado de experiencia da fase de concurso, á aspirante Belén Álvarez Vázquez, DNI 34.986.593, no sentido de incrementala en 4,50 puntos.

Segundo.-A puntuación total do concurso-oposición obtida pola interesada é de 158,57 puntos, que se intercalará, pola súa orde final correspondente, no conxunto de puntuacións dos aspirantes seleccionados, sen que se produza alteración ningunha nin no número total de aspirantes que superaron o concurso-oposición, que figuran na relación elevada polo tribunal a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos, nin nas puntuacións obtidas por todos eles.

Terceiro.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

7432