Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, do proxecto e obra de construcción de 5 vivendas unifamiliares en Larouco, Ourense. (Expediente OU-97/020).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que, por resolución do director xeral do IGVS do 5 de setembro de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Benigno Álvarez Álvarez, por un importe de corenta e un millóns cento vintesete mil (41.127.000) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1997.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

7127