Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, do proxecto e obra de construcción de 9 vivendas en Corme, Ponteceso, A Coruña. (Expediente C-97/010).

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que, por resolución do director xeral do IGVS do 5 de setembro de 1997, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Construcciones Josybem, S.L., por un importe de setenta e cinco millóns duascentas oitenta e oito mil trescentas sesenta e dúas (75.288.362) pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1997.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

7120