Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que se citan.

Rematado o proceso de selección dos beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes uni

versitarios, correspondentes ós anexos I, II, IV, V, VI e VII da Orde do 31 de marzo de 1997 pola que se convocan as citadas accións, (DOG nº 73, do 17 de abril), procede, atendendo a proposta elaborada pola comisión avaliadora prevista no artigo 3º da devandita orde, facer pública a relación provisional de beneficiarios de conformidade coas respectivas bases.

En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios convocadas pola Orde do 31 de marzo de 1997, (DOG do 17 de abril), que a continuación se indica:

-Axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas (anexo I).

-Axudas a estudiantes das universidades galegas para a realización de viaxes culturais de carácter pedagóxico (anexo II).

-Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC (curso 1996-1997) dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia (anexo IV).

-Axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas (anexo V).

-Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da Unión Europea co obxecto de coñece-la lingua dese país (anexo VI).

-Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (Sócrates-Erasmus) (anexo VII).

Segundo.-As ditas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A reclamación presentarase no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

7344