Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións para a primeira constitución do consello escolar en centros de educación non universitaria de nova creación.

O Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria e o Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, desenvolven a estructura e funcionamento dos órganos de goberno unipersoais e colexiados dos centros docentes de ensinanzas non universitarias da Comunidade Autónoma de Galicia conforme o establecido na Lei 9/1995.

O artigo 49.1 de ámbolos dous regulamentos orgánicos citados establece que as eleccións e a constitución do consello escolar nos centros de nova creación se efectuarán no mes de outubro.

Creados recentemente centros nos que é preciso proceder á constitución do consello escolar por primeira vez, esta dirección xeral resolve:

1. As eleccións para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso académico 1997/1998 celebraranse entre os días 15 e 31 do próximo mes de outubro de 1997 segundo o procedemento establecido:

a) Para os centros de educación infantil, primaria e secundaria na orde desta consellería, do 21 de outubro de 1996 (DOG do 22).

b) Para centros públicos de ensinanzas non universitarias de características singulares, de educación especial e de educación de adultos na orde desta consellería, do 29 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro), corrección de erros DOG do 15 de novembro de 1996).

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

7395