Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Federación de Asociaciones Empresariales de Carpintería y Ebanistería de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 7 de agosto de 1977 acta de reunión da xunta directiva, expedida polo secretario da devandita federación, Francisco Javier González Outomuro, avalada co visto e prace do seu presidente, e na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola xunta directiva, e que se concreta no cambio de domicilio social que pasa a ser: praza de Mina, nº 1-3º esquerda (A Coruña).

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7176