Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 19 de agosto de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de prego de cargos en expedientes sancionadores (C-898/1997 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación o prego de cargos en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (Praza de España, 2-2º), e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-898/1997, C-1033/1997 e C-1042/1997.

Denunciado: Alexis José Fernández Moya.

Domicilio: San Telmo, 11-Mugardos.

Nº de expediente: C-908/1997, C-1045/1997 e C-1048/1997.

Denunciado: Javier Manuel Fernández Moya.

Domicilio: San Telmo, 11, Mugardos.

Nº expediente: C-910/1997, 1041/1997 e C-1049/1997.

Denunciado: Javier Fernández Filgueiras.

Domicilio: San Telmo, 11, Mugardos.

Nº de expediente: C-1047/1997.

Denunciado: Fernando Martínez Rañales.

Domicilio: Real, 15, Mugardos.

A Coruña, 19 de agosto de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

7175