Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/138-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Frigoríficos del Noroeste, S.A.

Domicilio social: Polig. industrial de Xaras, Ribeira, 15000 Ribeira.

Denominación: liña de 66 kV Frinsa-Palmeira.

Situación: Ribeira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de alta tensión, a 66 kV, con orixe na subestación de Frinsa, montada sobre apoios metálicos e con conductor LA-180 e de 1.845 m de lonxitude, seguida de tramo subterráneo de 2.360 m, baixo tubo e con conductor Eprotenax, 33/66 kV de 3(1x400) mm Al e final na subestación de Palmeira, discorrendo toda ela polo termo municipal de Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7256