Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/112-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maderas Gondariño, S.L.

Domicilio social: Vichona-Adina, 36960 Sanxenxo.

Denominación: central coxeración en Vichona-Adina.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: grupo motoxerador de 980 kV, 400 V, e sistemas complementarios de control, protección, transformación (1.600 kVA), acoplamento, etc. almacenamento de combustible en dous depósitos de 25 m cada un. Sistema de recuperación da calor composto por unha caldeira acuotubular de 380 kW e un intercambiador de calor de 624 kW.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 1 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7258