Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-64/1997 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente

sancionador, por infracción a Lei 1/19970, do 4 de abril, sobre caza.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, presenta-los documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que, de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/93, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 2 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-64/1997.

Denunciado: Antonio Iglesias López

Último domicilio coñecido: r/ Calvo Sotelo, 44-4º A. A Estrada.

Feito denunciado: adestrar 4 cans de raza sabuxo grifón acosando as especies cinexéticas de caza menor existentes na zona, o día 26 de xuño de 1997, termo municipal da Estrada.

Precepto infrinxido: artigo 48.2.25 da Lei de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

7110