Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.481

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa de Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa o día 12-6-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e no Real decreto 1412/1982, do

24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xullo de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa)

Convenio colectivo 1997 e 1998

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto do convenio.

Este convenio concértase entre os representantes da empresa e os traballadores de Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa), para regula-las relacións de traballo, económicas e sociais entre ámbalas partes.

Artigo 2º.-Ámbito persoal e territorial.

Este convenio afectará a totalidade do cadro de persoal fixo de Emesa no seu centro de traballo da Coruña, r/ Newton s/n Polígono Industrial da Grela, con inclusión dos traballadores desprazados fóra da factoría por circunstancias de traballo.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 1998 e tódolos seus efectos aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 1997.

O convenio prorrogarase de ano en ano, de non mediar denuncia expresa de calquera das partes cunha antelación mínima de tres meses á data de expiración da súa vixencia ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Incremento.

A) Incremento:

1. Para o primeiro ano de vixencia:

Aplicarase un 2,6% sobre os seguintes conceptos salariais vixentes o 31 de decembro de 1996: salarios base, antigüidade, complemento persoal consolidado, pluses tóxicos, penosos e perigosos, plus nocturno, plus de transporte e gratificación especial.

O 1,10% sobre a masa salarial de Emesa ó 31-12-1996 que se repartariá linealmente.

O epígrafe de horas extraordinarias ó non ser integrante do concepto de masa salarial experimentará un incremento do 3,70%.

2. Para o segundo ano de vixencia:

Aplicarase o incremento do IPC previsto ou que prevexa o Goberno para 1998 máis 0,75%.

B) Revisión.

1. Para o primeiro ano de vixencia.

Aplicarase unha revisión á alza, sempre e cando o IPC real do ano 1997 sexa superior ó 2,20%. A dita revisión será igual á diferencia entre o IPC real e o 2,20%.

2. Para o segundo ano de vixencia.

Aplicarase a revisión que corresponda á diferencia entre o IPC real e o IPC previsto que sirva de base para o cáculo do incremento salarial do ano 1998.

C) Reparto do incremento salarial.

1. Para o pirmeiro ano de vixencia.

Un 2,60% dos distintos conceptos salariais citados no apartado A deste artigo, distribuirase proporcionalmente ó importe dos ditos conceptos.

O mesmo criterio se aplicará no suposto de que proceda a revisión que se cita no apartado B-1 deste artigo.

O 1,10% da masa salarial de Emes, aplicada sobre o cadro de persoal fixo o 31 de decembro de 1996, que ascende a 2.826.083 ptas. repartirase linealmente entre os traballadores fixos de Emesa e distribuirase o seu pagamento en 15 pagas, incluída a de setembro; o que dá un montante por paga e traballador de 2.270 ptas.

2. Para o segundo ano de vixencia.

O incremento que corresponda ó IPC previsto repartirase proporcionalmente. O incremento que corresponda á mellora sobre o IPC previsto, é dicir 0,75%, repartirase linealmente, da mesma forma cá exposta no número 1 deste apartado.

Como anexo nº 1 ó convenio acompáñase o informe sobre estimación custo nómina anual de Emesa.

Capítulo II

Organización e disciplina

Artigo 5º.-Organización do traballo.

a) Á dirección da empresa correspóndelle a organización do traballo e maila facultade de decisión, de acordo coa normativa vixente.

b) A dirección, co informe previo do comité de empresa e aténdose en todo caso ás esixencias legais, poderá amortiza-los postos de traballo que resulten vacantes e que se consideren innecesarios.

c) Cando dentro da xornada laboral, sexa posible realizar asemade ou sucesivamente funcións correspondentes a varios postos de traballo de igual ou inferior categoría, poderán ser encomendados a un só productor, nas condicións da lexislación vixente.

d) Todo productor deberá ter un rendemento normal no seu posto de traballo. Como principio xeral, entén

dese por rendemento normal o definido na lexislación vixente.

Artigo 6º.-Orde e disciplina

a) Todo productor deberá cumprir perfectamente as súas obrigas coa empresa, sendo de destacar a asistencia e puntualidade no traballo.

Debe efectua-lo traballo coa maior asiduidade e dilixencia, desenvolvéndoo da mellor maneira posible, cumprindo con disciplina, interese e sen pór reparos ás normas ou instruccións que reciba dos seus superiores, colaborando sempre con eles para obte-lo mellor resultado do traballo encomendado e, polo tanto, a maior productividade posible.

b) O persoal con mando manterá a disciplina entre tódolos productores que executen traballos ás súas ordes no servicio a el encomendado, observando e corrixindo en boa forma, tratando de eleva-lo nivel técnico e profesional do persoal, aplicando no seu trato con el os principios das relacións humanas.

c) As faltas de disciplina e obediencia, de asistencia e puntualidade, a diminución continuada e voluntaria do rendemento normal no traballo, e a que se produza por unha soa vez, pero con carácter grave, serán sancionadas conforme a lexislación vixente.

O abuso de autoridade por parte dos mandos será, igualmente, sancionado pola dirección.

d) As reclamacións, queixas, peticións e observacións que por calquera causa ou motivo decida un productor formularlle á empresa, deberán ser sempre dirixidas por escrito á dirección ou ó comité de empresa.

Artigo 7º.-Mobilidade do persoal

Sempre que se produza un exceso de carga de traballo nalgunha sección, a empresa poderá trasladar persoal dunha sección a outra, poñéndoo en coñecemento previamente do comité de empresa.

Artigo 8º.-Ingresos e vacantes

As vacantes e postos de nova creación seranlle anunciados ó persoal por medio dos taboleiros de anuncios, con indicación das cualidades requiridas e o sistema de selección, para que quen se considere apto poida solicitalas e participar nas probas correspondentes.

Exclúense do sinalado no parágrafo anterior os postos de confianza e os mandos superiores, a xuízo da dirección. O productor que sexa asignado para o novo posto demostrará a súa adaptación a el, en calidade de proba, durante un período de tres meses e, no caso non a superar, poderá recupera-lo seu antigo posto de traballo.

No caso de que deba ser tomado persoal do exterior, e entre os solicitantes figure un ou máis orfos, fillos, viúvas/os ou irmáns dos traballadores de Emesa, estes terán, e por esta orde, preferencia para acceder ó posto de traballo en igualdade de condicións con outros solicitantes.

Dentro da orde de prelación anteriormente citada, terán preferencia os que demostren teren responsabilidades familiares e non sexan perceptores do subsidio de desemprego.

Na contratación do persoal afectado no parágrafo anterior, unha representación do comité de empresa formará parte da comisión de selección.

Capítulo III

Ordenación económica

Artigo 9º.-Conceptos retributivos

A remuneración do persoal de Emesa estará integrada polos seguintes conceptos:

Salario base.

-Complementos salariais.

a) Persoais:

* Antigüidade.

* Complemento persoal consolidado.

b) De posto de traballo:

* Plus por traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

* Plus nocturno.

c) Por calidade ou cantidade de traballo.

* Plus de actividade.

* Primas e incentivos.

* Horas extraordinarias.

d) De vencemento periódico superior ó mes.

* Paga extraordinaria de verán.

* Gratificación especial de setembro.

* Paga extraordinaria de Nadal.

-Devengos non salariais.

* Plus de transporte.

* Plus de distancia.

* Axudas de custo.

Artigo 10º.-Salario base.

O seu valor detállase na táboa I e percibirase por día natural ou por mes.

Artigo 11º.-Complementos salariais persoais.

1. Antigüidade.

Quedan establecidos de acordo cos importes por trienio para cada categoría profesional, detallados na táboa II, con limitación de ata oito trienios.

2. Complemento persoal consolidado.

Este concepto retributivo ten carácter «ad personam» e refúndense neles os seguintes conceptos:

* Asignación especial.

* Asignación complementaria (incluíndo plus de xefe de equipo, oficial de 1ª homologado e encargado, segundo a táboa III).

Artigo 12º.-Complementos de posto de traballo.

1. Plus por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Quedan establecidos de acordo cos importes detallados na táboa IV.

O persoal de taller cobrará dous destes pluses, o penoso e mailo tóxico, e o persoal de montaxes, o perigoso e o penoso.

2. Plus nocturno.

Analogamente ó anterior, os seus importes inclúense na táboa V.

Artigo 13º.-Complementos por calidade ou cantidade de traballo.

1. Plus de actividade.

Os seus importes quedan recollidos no soldo base, para lograr unha maior simplificación da nómina. Por iso, o seu importe segue sendo válido para consideralos dentro do mínimo garantido que para os sistemas de primas establece a normativa legal vixente.

2. Primas e incentivos.

A empresa destinará como complemento por calidade ou cantidade de traballo ata unha porcentaxe do 10% do capítulo de marxe funcional da conta de explotación.

A marxe funcional da conta de explotación obtense restando da cifra de vendas por execución de obra ou prestación de servicios, os seguintes capítulos de custos:

1. Custo das vendas.

Formado polo custo directo imputado a cada obra ou servicio prestado.

2. Custo do departamento de control de calidade.

3. Custo do departamento de oficina técnica e métodos.

4. Custo do departamento de montaxes.

5. Custo do departamento de mantemento.

6. Custo do departamento de producción (custos indirectos).

7. Custo do departamento comercial.

8. Custos financeiros de capital circulante.

9. Custos de administración e dirección.

10. Custos de servicios xerais e gastos xerais.

11. Custos totais de amortizacións.

12. Importe dos non pagados producidos no ano.

A distribución do importe que resulte de aplica-las magnitudes establecidas anteriormente farase a partes iguais entre o persoal de Elaborados Metálicos, S.A. ós que lles sexa aplicable o convenio colectivo que estea en vigor ó final de cada ano, e en función dos días traballados. A distribución efectuarase unha vez pechado e, se é o caso, auditadas as contas do exercicio, sendo as contas que se depositen no Rexistro Mercantil as únicas válidas para efectua-lo cálculo e maila distribución do complemento por calidade ou cantidade de traballo.

A dirección da empresa informará o comité de empresa dos resultados alcanzados, así como das obras pechadas, ó final de cada trimestre natural.

Con carácter excepcional, Elaborados Metálicos, S.A. garante para 1997 unha prima mínima de 1.550.000 ptas. e para o ano 1998 de 1.700.000 ptas.

O persoal de Elaborados Metálicos, S.A., que non reúna as condicións de fixo, e con contratos en vigor ó final de cada un dos anos 1997 e 1998, participará igualmente nesta distribución na mesma forma có persoal fixo e proporcionalmente ós días traballados no ano, no exceso que represente a prima devengada por calidade ou cantidade de traballo sobre os mínimos asegurados para cada un dos anos 1997 e 1998.

3. Horas extraordinarias.

Percibiranse de acordo cos valores que figuran na táboa VII para cada categoría profesional, aboándose igualmente o plus penoso, tóxico ou perigoso cando proceda.

1. Horas extraordinarias habituais: non se realizarán.

2. Realizaranse as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes.

3. Manteranse, e terán consideración de estructurais, as horas extraordinarias necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate, así como as de mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

4. A dirección informará mensualmente ó comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as súas causas e, se é o caso, a distribución por departamentos.

5. A dirección e mailo comité determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias, e notificaranlle conxuntamente cada mes á autoridade laboral a cualificación das consideradas estructurais, para os efectos de lle dar cumprimento ó establecido na normativa vixente sobre cotización á Seguridade Social.

6. Será opcional por parte do traballador cobra-las horas estructurais ou, se é o caso, compensalas cun tempo de descanso, equivalente a 8 horas extras por día e medio libre, que se desfrutarán en épocas de falta de traballo a xuízo da dirección.

4. Horas extras por mantemento de montaxes

As horas extraordinarias realizadas no período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá aboaránselle ó persoal que traballe en mantemento de montaxes cun incremento do 20% sobre o valor da hora.

Artigo 14º.-Complementos salariais de vencemento superior ó mes.

1. Pagas extraordinarias de verán e Nadal.

Faranse efectivas, respectivamente, o 15 de xullo e mailo 15 de decembro, e comprenderán os seguintes conceptos:

* Salario base (30 días).

* Antigüidade (30 días).

* Complemento persoal consolidado (30 días).

* Mellora de convenio prevista para 1997 e 1998.

2. Gratificación especial de setembro.

Farase efectiva na primeira quincena de setembro.

Para o primeiro ano de vixencia deste convenio, o seu importe será de 45.948 ptas., incrementándose este importe de acordo co establecido no artigo 4º deste convenio.

Artigo 15º.-Devengos non salariais.

1. Plus de transporte.

Consistirá en 20.652 ptas. mensuais que se distribuirán entre os días laborables do mes correspondente. Ó persoal en baixa por enfermidade ou accidente aboaráselle igualmente.

2. Plus de distancia.

Aboarase de acordo coas disposicións legais, con incremento do 3,70% para o primeiro ano de vixencia e co incremento que corresponda para 1998.

No ano 1997 o seu valor e de 5,55 ptas.

3. Axudas de custo e desprazamentos.

Os traballadores que, por necesidades da industria e por orde da empresa, teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos a poboacións distintas ás de onde radique a empresa, desfrutarán sobre os seus salarios do seguinte tipo de axuda de custo:

-Ano 1997:

* Fóra de Galicia: 5.232 ptas./día/líquidas.

* Galicia, a máis de 60 km: 3.925 ptas./día/líquidas.

*Galicia, entre 12 e 60 km: 2.356 ptas./día/líquidas.

Os días de chegada devengarán idéntica axuda de custo cós de saída.

* Desde o límite municipal ata 12 km: 1.515 ptas./día/líquidas.

(Distancia que se contará desde a factoría da Grela).

Dentro do municipio (incluído Petrolíber) soamente será por conta da empresa o traslado ó comedor de Emesa e ó seu domicilio. Cando existan serias dificultades para o traslado na hora da comida, o tempo utilizado será considerado xornada de traballo.

Cando un productor sexa trasladado a unha montaxe, a empresa aboaralle un anticipo parcial a conta das axudas de custo ou dos gastos, que se regularizará cando se paguen estes.

A empresa sufragará os gastos de desprazamento de calquera traballador para levalos e traelos a comer ó lugar máis próximo ó punto de traballo, en tódalas obras que o requiran, e os de traslado ó seu domicilio nas obras en que se perciba media axuda de custo e as que se encontren dentro do termo municipal.

Se, por circunstancias especiais os gastos orixinados pola estadía nas obras superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa, co previo coñecemento desta e posterior xustificación de calquera traballador.

Calquera productor que vaia ser desprazado a unha obra deberá ter coñecemento disto, por escrito, cunha antelación mínima de 48 horas. Se por circunstancias especiais e debidamente xustificadas, desexa ser trasladado dunha obra a factoría, deberá solicitalo do xefe de sección ou departamento, quen autorizará o devandito traslado, ben definitivamente ou por un período de tempo determinado, a teor das circunstancias.

O persoal desprazado a obras de montaxe a máis de 300 km da Coruña terá dereito a desfrutar de dous días de permiso, retribuído a salario real, por cada 30 días de traballo, recuperando previamente as horas, sendo por conta da empresa os gastos de viaxe de ida e volta, exclusivamente aplicables ó persoal fixo do cadro.

O encargado de cada obra disporá dunha conta aberta no banco máis próximo, a onde a empresa xirará, para a súa distribución, o efectivo para o pagamento das hospedaxes.

-Tempo para incorporación a unha obra.

O tempo de que dispón calquera productor para incorporación a unha obra, avaliarase de dúas maneiras distintas: se o transporte é público, o tempo real do dito transporte xustificarase mediante billete. Se o transporte é particular, o tempo de viaxe calcularase tendo en conta unha velocidade media de 60 km/hora. En ámbolos casos engadiráselles dúas horas para xestión de aloxamento, cando o productor non veña pasa-la noite.

Capítulo IV

Xornada, vacacións, permisos e excedencias

Artigo 16º.-Xornada de traballo para 1997 e 1998.

Cómputo anual en horas reais de traballo.

19971998

Persoal obreiro a xornada partida1.792 h.1.790 h.

Persal de oficinas1.768 h.1.768 h.

O persoal de montaxes traballará a xornada partida todo o ano: o de talleres e resto, a xornada partida en inverno e continuada do 1 de xuño ó 30 de setembro, o mesmo có persoal administrativo e técnico de oficinas.

Confeccionaranse os calendarios anuais tendo en conta que as horas estipuladas son de traballo real, que se traballa os sábados e que as vacacións se repartirán entre o verán e o Nadal.

Artigo 17º.-Vacacións.

Todo o persoal, sen distinción de categorías profesionais, terá dereito ó desfrute de 27 días de vacacións no verán e mailos días 26, 29 e 30 de decembro de 1997.

Para o ano 1997 serán 27 días en verán e os días 28, 29 e 30 de decembro.

Se durante o ano natural quedase un traballador en situación de incapacidade laboral transitoria antes das vacacións regulamentarias ou ben inicicado o tempo de desfrute, e a dita situación se prolongase durante o tempo de duración delas, poderaas desfrutar unha vez que se atope en situación de alta, ou ben poderán acumularse para o ano seguinte de acordo coas necesidades da sección á que pertenzan. A retribución dos ditos días comprenderá salario real, así como a media obtida polo traballador en primas, traballos tóxicos, penosos ou perigosos dos tres últimos meses traballados con anterioridade á data de desfrute delas.

Artigo 18º.-Permisos por trienios.

Todo o persoal que teñan devengados dous trienios de antigüidade na empresa, desfrutará anulamente dun día de permiso retribuído. Incrementarase un día máis por cada trienio cobrado, ata o tope de 7, sendo de aplicación as seguintes normas:

1. Os tres primeiros días a que se teña dereito serán desfrutados como permiso, avisando cunha semana de antelación, salvo causa excepcional, en que deberá ser autorizado pola dirección da empresa ou o director de producción.

Aboarase de acordo co valor/día asignado para cada traballador na relación anexa.

Cada traballador poderá decidir libremente se, no canto de desfruta-lo permiso, prefire cobralo, caso no que se lle aboará o importe fixado na columna «V.D. + 20% + 3.700 ptas.» da indicada relación, na nómina do mes ou meses elixidos.

En caso de que o 15 de decembro non estivesen desfrutados, nin aboados, nin solicitados, pagaríanse na nómina dese mes.

Os restantes días a que se teña dereito, é dicir, do 4º ó 7º, serán compensados necesariamente ó valor antedito «valor día + 20%» e percibidos xuntamente coa gratificación de setembro.

Artigo 19º.-Días extras non laborables.

Mantéñense como días extras non laborables e con carácter vitalicio, os seguintes:

* Sábado Santo.

* 24 e 31 de decembro.

No caso de que os días 24 e 31 de decembro coincidan en sábado ou domingo, estes trasladaranse ó luns seguinte, sempre que este non coincida en festivo, ou ós días que decidan, conxuntamente, o comité e maila empresa.

Estes días nunca terán consideración de vacacións; polo tanto, os que nos citados días se encontren en situación de baixa ou desfrutando vacacións, non terán dereito a ningunha compensación. Estes días serán retribuídos a salario real.

Artigo 20º.-Licencias.

A tódolos traballadores que o soliciten e xustifiquen previamente a súa necesidade, seralles concedida licencia polos motivos e períodos seguintes:

a) Por casamento.

-Quince días naturais no caso de que un dos contraentes sexa o propio traballador.

-Dous días por casamento dun fillo.

-Un día polo irmán do traballador, irmán do cónxuxe, pai ou nai en ámbolos casos.

b) Por parto da esposa.

-Cinco días naturais, ampliables con licencia sen soldo, solicitándollo previamente á empresa, no caso de enfermidade grave e xustificación desta.

c) Por falecemento.

-Tres días naturais no caso de falecemento de cónxuxe, fillos, irmáns e pais e nai dun ou outro cónxuxe. Dous días naturais por falecemento de tíos, netos, avós, avós políticos, fillos políticos e irmáns políticos do traballador.

d) Por enfermidade grave.

-Dous días naturais no caso de enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou pais dun e outro cónxuxe, e de netos, avós ou irmáns do traballador.

e) Consulta médica.

-O tempo necesario para consulta médica do INSS que se sinala segundo a lexislación vixente.

f) Por traslado de domicilio.

-Dous días naturais polo traslado do seu domicilio habitual.

g) De carácter público.

-O tempo necesario para o cumprimento dun deber de carácter público, debidamente acreditado.

-Estes permisos aboaranse con cargo ó soldo base e antigüidade.

Os permisos por falecemento de pais, fillos e cónxuxe do traballador aboaranse, ademais, con plus de transporte.

-Tamén terán dereito, aqueles traballadores que o soliciten, a cinco días de licencia sen soldo, por enfermidade ou defunción de familiares da liña ascendente ou descendente, sen limitación, e de colaterais ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Artigo 21º.-Excedencias.

a) Excedencia forzosa.

Concederase excedencia forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo.

Así mesmo, concederase excedencia forzosa ós cargos electivos a nivel provincial, autonómico ou estatal das organizacións sindicais máis representativas.

O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou función sindical.

b) Excedencia voluntaria.

Os traballadores con dous anos de servicio na empresa poderán solicita-la excedencia voluntaria por un

prazo mínimo de dous anos e non superior a cinco anos, non computándose o tempo que dure a situación para ningún efecto e sen que en ningún caso se poida producir nos contratos de duración determinada. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste.

Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito. Neste suposto, cando a excedencia non sexa superior a un ano, o reingreso será automático.

O reingreso deberá solicitarse por escrito, cunha antelación mínima dun mes á terminación da excedencia voluntaria.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso. De non existir vacante na súa categoría profesional e si nunha inferior, o excedente poderá ocupar esta praza co salario a ela correspondente, ata que se produza unha vacante na súa categoría profesional, ou non reingresar ata que se produza a dita vacante.

Capítulo V

Representación colectiva

Artigo 22º.-Órgano de representatividade.

O comité de empresa, como órgano representativo unitario dos traballadores da empresa, ten como fundamental función a defensa dos intereses dos seus representantes, así como a negociación e representación dos traballadores ante a empresa.

En toda negociación poderán estar asistidos polos seus asesores laborais e sindicais.

Artigo 23º.-Sancións.

As medidas disciplinarias propostas pola dirección a calquera traballador, sempre que sexan de despedimento ou por falta grave ou moi grave, antes de facelas efectivas deberán ser postas en coñecemento do comité de empresa con dous días laborables de antelación.

Artigo 24º.-Asembleas.

A empresa autorizará a celebración de asembleas dentro do recinto da factoría, fóra de horas de traballo, limitadas ós traballadores de Emesa, con presencia se for necesario dos representantes das centrais sindicais. A súa celebración comunicaráselle á dirección cunha antelación mínima de vintecatro horas laborables, xuntando a orde do día correspondente, así como o lugar da factoría en que se levará a cabo.

Artigo 25º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

Os representantes dos traballadores, membros do comité de empresa, terán dereito a utilizar un máximo de trinta horas mensuais por cada un deles, e remunerables a salario real, para actividades sindicais de toda índole, podendo ser estas horas acumulables duns para outros. Terán os seguintes dereitos:

Respecta-la Lei orgánica de liberdade sindical e as disposicións do Estatuto dos traballadores que conforman os dereitos sindicais, sendo recoñecidos os seguintes:

a) Utilizar un taboleiro de anuncios ou os da propia empresa para inserir todo tipo de notas de carácter exclusivamente laboral ou sindical, debendo entregar, previamente, unha copia á dirección da empresa.

b) A que sexan facilitados locais de reunión.

c) A que, con carácter previo a calquera medida disciplinaria na súa contra, se notifique tal medida con tres días laborables de antelación ó comité de empresa.

d) A empresa descontaralle a cada traballador afiliado sindicalmente as cotas mensuais dos distintos sindicatos, segundo as listas entregadas polos representantes dos traballadores.

e) Quedan recoñecidas as seccións sindicais de Emesa que se adaptarán á Lei orgánica de liberdade sindical, recoñecéndose así mesmo as garantías ós delegados sindicais contidas na dita lei. Poderán utilizar ata un máximo de vinte horas mensuais para o exercicio da súa actividade sindical, retribuídas a salario real.

Capítulo VI

Disposicións varias

Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.

1. Os traballadores teñen dereito a dispor no seu traballo de condicións de seguridade e hixiene adecuadas para a protección da súa saúde, que eviten os riscos de accidentes ou enfermidades, ou a perda progresiva da súa saúde.

É responsabilidade dos mandos velar pola seguridade e hixiene no traballo, así como tamén dos traballadores cooperaren neste labor e cumpriren as ordes e instruccións que en tal sentido se reciban e acorden.

Impartiranse cursos de formación para o persoal dentro da xornada de traballo, e en especial, naquelas épocas de pouca actividade productiva.

2. Premio de seguridade

Establécese un premio anual tendo en conta os datos estatísticos dos accidentes ocorridos durante o ano, en función dos índices de frecuencia e gravidade. A contía económica que se percibirá poderase determinar pola fórmula seguinte:

Horas totais traballadas

[ ]

1.000

Valor premio=

1,5 (nº accidentes x días baixa)

Os días de baixa por invalidez ou morte calcularanse aplicando o baremo oficial.

A percepción deste premio é aplicable a todo o persoal da empresa, polos días realmente traballados, establecéndos un topo de 5.000 pesetas/líquidas/ano, aínda que o resultado da fórmula resulte unha cantidade superior.

Mantense o anterior premio anual, ó que terá dereito o persoal da empresa, a excepción dqueles que causasen baixa por accidente ou sancioados por medidas de seguridade, así como a dirección da empresa. O permio consitirá no sorteo de dez premios de quince mil pesetas líquidas.

Artigo 27º.-Premio de puntualidade e asistencia.

Anualmente outorgarase un premio de 75.000 pesetas, que se distribuirán entre os traballadores que durante os doce meses do ano anterior á data da súa concesión non tivesen nin unha soa falta de puntualidade. Neste sentido, a comisión que decida os premios, estará integrada entre a dirección e o comité de empresa, presentando a empresa os datos e, pola súa vez, os partes de traballo diarios, nos cales se xustifique a asistencia correspondente.

Artigo 28º.-Premio de iniciativas e suxestións.

Para contribuír a un maior clima de colaboración, entregarase anualmente un premio de 40.000 pesetas e dous de 20.000 pesetas cada un, que se concederán, logo de informe do comité de empresa, ós productores que acheguen mellores ideas sobre a economía dos procesos de fabricación, aproveitamento de materias primas, seguridade dos traballadores ou calquera outra xestión que incida especialmente nunha mellora da productividade, quedando excluído o persoal técnico titulado, así como o directivo.

Artigo 29º.-Premios de nupcialidade e natalidade.

Aboaranse 10.862 ptas. por matrimonio e 6.517 ptas. por cada fillo acabado de nacer.

Argigo 30º.-Axuda a subnormais e minusválidos.

Emesa aboaralle ó seu persoal 30.824 ptas. mensuais por cada fillo subnormal ou minusválido que estea recoñecido legalmente como tal e vivindo a cargo do empregado.

Artigo 31º.-Outras axudas.

A empresa tomará ó seu cargo as axudas económicas que se viñan aboando pola Caixa de Previsión Social ó persoal xubilado e en situación de invalidez e viúvez.

Artigo 32º.-Seguro colectivo.

Emesa subscribirá unha póliza colectiva de seguro de accidentes que cubra os riscos de falecemento ou incapacidade permanente total ou absoluta, cunha cobertura individual de 5.000.000 de pesetas. Ademais, subscribirase outra póliza de vida por morte natural de 500.000 pesetas e dobre capital no caso de accidente, exclusivamente para o persoal fixo.

Artigo 33º.-Cociña-comedor.

Será por conta da empresa o custo da cociña-comedor. O valor económico do contido de cada comida dividirase en dúas partes, unha das cales, 30%, será por conta do comensal, e a outra, 70%, por conta da empresa.

Elaborarase un prego de condicións de forma que anualmente saia a concurso a adxudicación deste servicio.

Artigo 34º.-Préstamos.

A asignación por este concepto será 2.000.000 de pesetas para a concesión de préstamos ó persoal reintegrables sen xuros. Estes préstamos concederanse xustificando a súa necesidade, por proposta do comité de empresa, nunha contía máxima de ata 200.000 pesetas por productor e a súa amortización será dun máximo de 24 mensualidades.

Artigo 35º.-Fondos de atencións sociais.

A empresa asumirá, nas condicións e contías que se fixan, os pagamentos que figuran neste capítulo, nos artigos 29º, 30º, 31º e 33º.

Establécese un fondo económico destinado a facerlles fronte a determinadas atencións sociais, tales como axudas extraordinarias ó persoal en IT e outras posibles, que se nutrirá de 300.000 pesetas anuais, que achegará a empresa a fondo perdido.

As bolsas de estudios medios e superiores serán sufragadas pola empresa na contía de 650.000 pesetas anuais e concedidas por unha representación mixta, baseándose no regulamento existente, que, logo de acordo da dita comisión, poderá ser modificado.

Artigo 36º.-Comisión mixta ou paritaria.

A comisión mixta ou paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1) Interpretación auténtica do convenio.

2) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3) Conciliación facultativa no convenio colectivo, con independencia das atribucións que, por norma legal, poidan corresponderlles ós órganos competentes.

4) Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión mixta terán carácter vinculante.

No caso de dúbida ou discrepancia, a comisión elevará consulta á autoridade laboral competente.

Artigo 37º.-Composición e funcionamento da comisión mixta ou paritaria.

A comisión mixta comporase dun presidente, que poderá se-lo do convenio elixido entre as partes, quen terá voz pero non voto, e de dez vocais, cinco pola empresa e cinco polos traballadores, debendo pertencer estes últimos ó comité de empresa.

A comisión en primeira convocatoria non poderá constituírse sen a presencia de tódolos vocais, previamente convocados, e en segunda convocatoria, ó seguinte día hábil, actuará cos que asistan; só terá voz o número paritario de vocais presentes.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo estas co presidente sobre o lugar, día e hora en que se deberá celebra-la reunión.

Ámbalas partes conveñen en someter á comisión mixta cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 38º.-Absorción.

As disposicións de calquera orixe que poidan implicar variación económica en todos ou algún dos conceptos retributivos ou pactados, unicamente terán eficacia práctica se, unidas á valoración mínima de tódolos conceptos segundo establecen as vixentes disposicións, superasen o nivel total do convenio. En caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras establecidas nel.

Artigo 39º.-Vinculación á totalidade.

O contido deste convenio forma unha unidade indivisible e calquera das súas normas carecerá de valor se este non é aprobado na súa totalidade.

Anexo: membros do comité de empresa e representantes da empresa.

-Polo comité de empresa:

Manuel Becerra Pan.

Ángel Moncada Ochoa.

Amadeo Noya Domínguez.

José Luis Vázquez Castro.

José Luis Pazos Añón.

Emilio Sanmartín López.

José Luis Codesido Romero.

José Esmorís Boquete.

Antonio Lage Otero.

-Pola dirección de la empresa:

Alfonso Durantez García.

Antonio Alfonsín Fernández.

Javier Wirtz Molezún.

Juan Ramón Baltar Tojo.

Leonardo Martínez Suárez.

Francisco González Suárez.

Josefa Seijo Vázquez.

Baulio Correa Kessler.

Santiago García Prado.

Convenio 1997 (incremento = 2,6%)

Táboa I-Salario base (artigo 10)

CategoríaValor mesValor día

Xefe de equipo3.947
Oficial 1ª homologado3.947
Oficial 1ª3.947
Oficial 2ª3.998
Oficial 3ª3.841
Especialista3.817

CategoríaValor mesValor día

Chofer camión119.517
Xefe de 1ª administración152.286
Xefe de 2ª administración138.036
Oficial 1ª administración127.255
Oficial 2ª administración122.608
Auxiliar administración67.291
Enxeñeiros e licenciados189.376
Perito c/responsabilidade155.543
Enxeñeiros ou arquitectos técnicos s/responsabilidade128.382
Asistente social141.191
Axudante técnico sanitario141.675
Xefe de taller139.146
Xefe de quenda ou sector138.140
Mestre de taller128.276
Delineante proxectista136.255
Delineante 1ª127.255
Delineante 2ª122.608
Auxiliar oficina técnica67.291
Axudante de enxeñeiro145.905
Técnico organización de 1ª127.255
Técnico organización de 2ª122.608
Auxiliar organización67.291
Xefe organización de 1ª137.024
Xefe organización de 2ª134.402
Caixeiro138.035
Médico130.294

Convenio 1997 (incremento = 2,6%)

Táboa II-Antigüidade (artigo 11º-1)

CategoríaValor mesValor día

Xefe de equipo75
Oficial 1ª homologado75
Oficial 1ª75
Oficial 2ª74
Oficial 3ª74
Especialista74
Chofer camión2.251
Xefe de 1ª administración2.511
Xefe de 2ª administración2.440
Oficial 1ª administración2.346
Oficial 2ª administración2.283
Auxiliar administración2.205
Enxeñeiros e licenciados3.178

CategoríaValor mesValor día

Perito c/responsabilidade2.690
Enxeñeiros ou arquitectos técnicos s/responsabilidade2.366
Asistente social2.340
Axudante técnico sanitario2.315
Xefe de taller2.500
Xefe de quenda ou sector2.500
Mestre de taller2.363
Delineante proxectista2.459
Delineante 1ª2.346
Delineante 2ª2.283
Auxiliar oficina técnica2.205
Axudante de enxeñeiro2.613
Técnico organización de 1ª2.346
Técnico organización de 2ª2.283
Auxiliar organización2.205
Xefe organización de 1ª2.500
Xefe organización de 2ª2.440
Caixeiro2.440
Médico3.178

Convenio 1997 (incremento=2,6%)

Táboa III-Asignación complementaria (artigo 11º)

Plus xefe de equipo e oficial 1ª homologado

(Na nómina vai incluído no complemento persoal consolidado)

CategoríaValor día

Xefe de equipo270
Oficial 1ª homologado133

Táboa V-Plus nocturno (artigo 12º.2)

CategoríaValor día

Xefe de equipo478
Oficial 1ª homologado478
Oficial 1ª478
Oficial 2ª468
Oficial 3ª465
Especialista463
Chofer camión478

Plus transporte: 20.652 ptas.

Gratificación especial de setembro: 45.948 ptas.

Convenio 1997 (incremento 2,6%)

Táboa IV-Plus por traballos tóxicos, penosos e perigosos (artigo 12º-1)

Categoría

S/Tri.

V/Día

1 Tri.

V/Día

2 Tri.

V/Día

3 /Tri.

V/Día

4 Tri.

V/Día

5 Tri.

V/Día

6 Tri.

V/Día

7 Tri.

V/Día

8 Tri.

V/Día

Xefe equipo. oficial 1ª Homol., oficial 1ª250270287308327344364383400
Oficial 2ª247267285306323341360379398
Oficial 3ª especialista245265281301320338358371389
Xefe de taller e sector281302323342364385404426446
Mestres 1ª e 2ª266283304324342364383402421

* Naqueles supostos nos que singularmente concorrese de modo manifesto a excepcional penosidade, a toxicidade e a marcada perigosidade superior ó risco normal da industria, estes valores terán un incremento do 25%, se concorresen dúas circunstancias das sinaladas e dun 30% se fosen tres.

Convenio 1997 (incremento-3,7%)

Táboa VII-Horas extraordinarias (artigo 13º-3)

Categoría

H. extra

laborables

H. extra

festivos

Xefe de equipo1.4221.863
Oficial 1ª homologado1.2861.720
Oficial 1ª1.2861.720
Oficial 2ª1.1591.538
Oficial 3ª1.0351.353

Categoría

H. extra

laborables

H. extra

festivos

Especialista8971.213
Chofer camión1.2841.720
Xefe de 1ª administración
Xefe de 2ª administración1.2841.720
Oficial 1ª administración1.2841.720
Oficial 2ª administración1.1591.538
Auxiliar administración1.0351.353
Enxeñeiros e licenciados
Perito c/responsabilidade1.4221.863

Categoría

H. extra

laborables

H. extra

festivos

Enxeñeiros ou arquitectos técnicos s/responsabilidade1.3121.720
Asistente social1.2661.720
Axudante técnico sanitario1.2661.720
Xefe de taller1.4221.863
Xefe de quenda ou sector1.4221.863
Mestre de taller1.4221.863
Delineante proxectista1.4221.863
Delineante 1ª1.2851.720
Delineante 2ª1.1591.492
Auxiliar oficina técnica1.0351.353
Axudante de enxeñeiro1.2261.676
Técnico organización de 1ª1.2841.720
Técnico organización de 2ª1.1591.492
Auxiliar organización1.0351.353
Xefe organización de 1ª1.4221.863
Xefe organización de 2ª1.4221.863
Caixeiro1.4221.863
Médico

Convenio 1997 (incremento=3,7%)

Axudas de custo e desprazamentos (artigo 15º.3)

Fóra de Galicia: 5.232 ptas./día/líquidas.

Galicia, a máis de 60 km: 3.925 ptas./día/líquidas.

Galicia, entre 12 e 60 kms: 2.356 ptas./día/líquidas.

Media axuda e custo (ata 12 km): 1.515 ptas./día/líquidas.

Calendario 1997

InvernoDías laborables

Xaneiro21

Febreiro19

Marzo19

Abril22

Maio21

Outubro22

Novembro20

Decembro16

Total días inverno:160 (33 vernes)

VeránDías laborables

Xuño21

Xullo22

Agosto1

Setembro22

Total días verán:66

Total días laborables:226

Taller.

Verán: 6,75 horas x 66 días = 445 horas.

6 horas 45 minutos.

De 7 a 14 horas, con 15 minutos de descanso.

Inverno:

1.794 h/ano - 445 H/verán = 1.349

1.349 horas : 160 días = 8,43 horas

8 horas 26 minutos.

De 8 a 13.15 e de 14 a 17.11.

Oficinas.

Verán: 6,50 horas x 66 días = 429 horas.

6 horas 30 minutos.

De 8 a 14.30 h.

Inverno:

1.768 h/ano - 429 h/verán = 1.339.

Venres: 33 días x 6,5 horas = 214,5.

6 horas 30 minutos.

De 8 a 14.30.

Luns a xoves:

1.339 horas - 214,5 = 1.124,50 horas.

1.124,5 : 127 = 8,85 horas.

8 horas 51 minutos.

De 8 a 14.30 e de 15.15 a 17.36.

Vacacións: estimados 27 días entre o 4 e o 30 de agosto e os días 26, 29 e 30 de decembro.

Festivos oficiais: 1 e 6 de xaneiro, 11 de febreiro, 27 e 28 de marzo, 1 e 17 de maio, 25 de xullo, 15 de agosto, 7 de outubro, 1 de novembro e 6, 8 e 25 de decembro.

Festivos convenio: 24 e 31 de decembro.

7204