Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto e adxudicación por poxa das obras que se citan.

Título do proxecto: RC- LU-97.04 Simple tratamento superficial, limpeza de noiros, fochas e perfilado de beirarrúas. LU-152 de Foz a Ferreira. LU-161 de Landrove a Ferreira.

Orzamento: 27.760.265 ptas.

Clasificación: grupo G, Sub. 6, Cat. c.

Título do proxecto: RC-LU-97.10 Renovación do afirmado da travesía de Ferreira do Valadouro. LU-161 de Landrove a Ferreira.

Orzamento: 21.013.377 ptas.

Clasificación: grupo G,Sub. 3, Cat. c.

Título do proxecto: RC-LU-97.14 Acondicionamento da travesía da Pobra de San Xulián. C-546 Lugo a Ourense por Monforte.

Orzamento: 15.237.073 ptas.

Clasificación: non se esixe.

Título do proxecto: RC-LU-97.15 Dobre tratamento superficial e arranxo de fochas previo por tramos. LU-622 Ramal da C-535 a Láncara. LU-661 Acceso da C-533 ó campo da feira de Monforte.

Orzamento: 14.943.784 ptas.

Clasificación: non se esixe.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores estarán á disposición destes na Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na Ronda da Muralla, 131 (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% nas obras nas que non se esixe clasificación, así mesmo destas obras deberán xustifica-la solvencia económica e financeira e a solvencia técnica por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas. Nas obras que se esixe clasificación estarán dispensados os que acrediten a clasificación requirida, segundo o artigo 36 da lei anteriormente citada. A fianza definitiva será equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que

non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día da presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 12 de setembro de 1997.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial de Lugo

7218