Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997 pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Padrón e Casal de Eirigo, con anexos: V-1600; XG-101, por substitución da concesión V-1600; XG-101, entre Padrón e Pontecesures, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 10 de xullo de 1997,

resulveu outorgar, con carácter definitivo, a Benito Abalo Rivas, a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Padrón e Casal de Eirigo, con anexos: V-1600; XG-101, por substitución da concesión V-1600; XG-101, entre Padrón e Pontecesures, con anexos, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Padrón, Pontecesures, Campo Redondo, Chanteclair, Ponte Valga, Desabanda, Xanza, Medela, Pino, Cernadas e Casal de Eirigo.

-Empalme Vilar (C-550/Local Vilar), Cordeiro, Ferreiros, Carballa, Forno, Torre, Empalme Baño (C-550/Local Baño), Redondo e Pontecesures.

-Carballa, Moldes, Vilarello, Vilar e Empalme Vilar (C-550/Local Vilar).

-Gándara, Barcia, Canle, Barro, Cotriños, Cerneira, Setecoros, Rexenxo e Cernadas.

-Empalme Baño (C-550/Local Baño), Baño, Ponte Valga, San Miguel e Raxoi.

-Forno, Gándara, Sixto, Louro, Senín e Medela.

-Baño e Chanteclair.

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Pontecesures e Cernadas pola N-550, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Pontecesures e Empalme Vilar (C-550/Local que vai a Vilar) por Ferreiros, puntos intermedios e viceversa).

III. Expedicións e calendario.

Casal de Eirigo-Padrón por Cernadas, Pino, Medela, Xanza, Desabanda, Ponte Valga, Chanteclair, Baño, Empalme Baño, Redondo e Pontecesures:

-Catro expedicións de ida e tres de volta os días laborables.

-Dúas expedicións de volta os día lectivos.

-Cinco expedicións de ida e volta os domingos.

-Tres expedicións de ida e dúas de volta os festivos, excepto domingos.

Raxoi-Padrón por San Miguel, Ponte Valga, Baño, Empalme Baño, Redondo e Pontecesures:

-Tres expedicións de ida e dúas de volta os días laborables.

-Dúas expedicións de volta os días lectivos.

-Catro expedicións de ida e volta os domingos.

-Tres expedicións de ida e dúas de volta os festivos, excepto domingos.

Carballa-Padrón por Moldes, Vilarello, Vilar, Empalme Vilar, Cordeiro, Ferreiros, Carballa, Forno, Empalme Baño, Redondo e Pontecesures:

-Tres expedicións de ida e volta os días laborables.

-Dúas expedicións de volta os días lectivos.

-Cinco expedicións de ida e volta os domingos.

-Tres expedicións de ida e dúas de volta os festivos, expecto domingos.

Cernadas-Padrón por Rexenxo, Setecoros, Cerneira, Cotriños, Barro, Canle, Barcia, Gándara, Forno, Torre, Redondo e Pontecesures:

-Catro expedicións de ida e tres de volta os días laborables.

-Dúas expedicións de volta os días lectivos.

-Cinco expedicións de ida e volta os domingos.

-Tres expedicións de ida e dúas de volta os festivos, excepto domingos.

Ferreiros-Padrón por Carballa, Forno, Gándara, Xisto, Louro, Senín, Medela, Xanza, Desabanda, Ponte Valga, Chanteclair, Campo Redondo e Pontecesures:

-Tres expedicións de ida e volta os días laborables.

-Dúas expedicións de volta os días lectivos.

-Cinco expedicións de ida e volta os domingos.

-Tres expedicións de ida e dúas de volta os festivos, excepto domingos.

Padrón-Padrón, en circuíto, por Pontecesures, Redondo, Torre, Forno, Carballa, Ferreiros, Carballa, Forno, Gándara, Sixto, Louro, Senín, Medela, Pino, Cernadas, Pino, Medela, Xanza, Desabanda, Ponte Valga, Chanteclair, Campo Redondo e Pontecesures.

-Dúas expedicións os días laborables.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable:

-Tarifa partícipe por viaxeiro/Km: 11,5126 pesetas.

-Tarifa usuario: 12,3185 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargos: 1,7269 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

7208