Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., grupo escolar de Corón.
Situación: concello de Vilanova de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio s/n da L.M.T. existente ó C.T. grupo escolar de Corón, rematando no paso aéreo subterráneo da L.M.T. ó C.T. proxectado de grupo escolar de Corón, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T., aéreo-subterránea, a R.B.T. aérea de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. sobre apoios de formigón. a R.B.T. subterránea de 77 m de lonxitude, 17 m con conductor tipo R.H.V. e 60 m con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 19 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial da Pontevedra
6846