Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/197-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L13.10 no Cerquido.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 520 m de lonxitude, 66 m con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón e 454 m con conductor tipo LA-110, desde o apoio número 27 que se vai substituír da L13.10 Atios-Tui estrada, rematando no apoio existente número 32 da K13.10 Atios-Tui estrada, concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 19 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial da Pontevedra

6851