Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por imposición de servidumes de paso das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente 70/1994 e 36/1996).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación provincial acorda sinala-lo día 25 de setembro de 1997 para que o pagador da entidade Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa), con enderezo na r/ Hórreo, 94, entresollado, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, proceda nas oficinas dos municipios que se citan ó pagamento dos prezos xustos e xuros, por expropiación de predios afectados pola instalación do parque eólico de Malpica e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica desde a subestación do parque de Parque Eólico de Malpica, S.A., ata a subestación de Cabana de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios que se relacionan, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto:

Día 25 de setembro de 1997:

Liña a 66 kV desde o parque eólico de Malpica ata a subestación de Cabana, predio número 47 ás 12 horas na Casa do Concello de Cabana (expediente 36/1996).

Parque eólico de Malpica no monte Nariga, lugar de Picos de Nava, predios números 6, 15, 35, 57-58 e 75, ás 13 horas na Casa do Concello de Malpica (expediente 70/1994).

A Coruña, 12 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6845