Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 52279).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Modificado 1 o proxecto de liña de media tensión (L.M.T.), centro de transformación (C.T.), e rede de baixa tensión (R.B.T.) de Pedrouzos (Melide) consistente en: L.M.T. de 757 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada Xubial e final no C.T. a construír denominado Pedrouzos.

-C.T. de 50 kVA, tipo intemperie.

-R.B.T. a 380/220 V que parte do C.T. denominado Pedrouzos, cunha lonxitude de 280 m en R.Z. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 8 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6690