Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.392

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vista a acta da comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, con data do 27-5-1997, na que se adecúa a xornada vixente do convenio para o ano 1997 nos concellos de Vigo, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Baiona e Mondariz por coincidir unha das dúas festividades de carácter local con día inhábil para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, pasarase ó 30 de decembro, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de xullo de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión paritaria do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afins da provincia de Pontevedra.

Asistentes:

UGT:

Servando Carrera Bacelo.

Cándido Fernández Fernández.

Manuel Graña Bon.

Benito Mondragón Ribeiro.

José Carlos Estévez Alonso.

José Carlos Rodríguez del Río.

CIG:

Xosé Xoán Melón González.

Gabriel Díaz Sueiro.

CC.OO.:

Uwe Pude Roennan.

Jesús Somoza Castro.

Marcos González Oliveira.

ASEMA e ACE:

Félix Rodríguez Regueiro.

Secretrio de acta: Pablo Rodríguez Álvarez.

En Vigo, 27 de maio de 1997, na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, reúnense as persoas que figuran arriba, compeñentes da comisión paritaria, co obxecto de adecua-la xornada vixente do convenio (DOG do 3 de xuño de 1996, BOP do 31 de maio de 1996) para o ano 1997, de 1.784 horas de traballo efectivo, e tendo en conta que no calendario laboral vixente para o ano 1997 (DOG do 13 de marzo e BOP do 17 de marzo), existen algúns concellos nos que a festa local coincide cun día inhábil para o dito sector, seguirase o seguinte criterio:

Nos concellos de Vigo, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Baiona e Mondariz, onde unha das dúas festividades de carácter local coincide en día inhábil para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afins, pasarase ó día 30 de decembro.

Facúltase a Pablo Rodríguez Álvarez para a presentación do dito acordo para efectos da súa publicación no BOP de Pontevedra.

E sen nada máis que engadir, levántase a sesión extendéndose a presente acta, que asinan en proba de conformidade os asistentes.

7185