Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de agosto de 1997 pola que se declara alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Ames, Toques, Vilarmaior, Marín e As Neves.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres, establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles para os fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Polo Decreto 208/1997, do 24 de xullo (DOG nº 152, do 8 de agosto), e polo Decreto 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), desafectáronse entroutros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Ames, Toques, Marín, As Neves e Vilarmaior.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da Propiedade dos ditos bens inmobles ó nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-lo seu allleamento conforme o disposto nos artigos 24 da citada Lei 3/1985 e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-la cesión do dereito do seu uso.

En virtude do anteriormente exposto, á vista das solicitudes de cesión de uso presentadas, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase o alleamento dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Urbano: predio nº 6, local situado na planta baixa dun edificio no lugar de Agro da Taberna, parroquia de Ortoño, municipio de Ames (A Coruña),

que fai esquina con rúa de nova construcción e á rúa Alcalde Lorenzo, sinalado co nº5. Ten unha superficie útil de 100 m. Linda: norte, local nº6 desta mesma planta; sur, local nº1 desta mesma planta; leste, descanso de entrada a este local e ó local nº6 desta mesma planta; e oeste, despois da rampla de acceso ó soto, Amelia Pombo Pena, Ana-María e María-Castora Gesto Pombo.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 790, libro 204, folio 155, predio nº 19.730, inscrición 3ª.

2. Urbano: edificio que ocupa 90 m, en Ponte Queimadas, parroquia da Capela, municipio de Toques (A Coruña), composto de planta baixa, destinada a almacén, e piso alto, destinado a oficinas, cunha porción de terreo ó sur e oeste. Todo forma un só predio de 392 m. Linda: fronte ou leste, estrada de Melide a Vaamonde; esquerda-entrando, camiño que forma parte deste predio de 3 m. de largo, para o que poderán abrirse luces por ambos lados; dereita, camiño; e costas, terreo que separa da casa de Jesús Sueiro.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 536, libro 18, folio 62, predio nº 548, inscrición 2ª.

3. Urbano: soar no sitio de Coido, parroquia e termo municipal de Vilarmaior (A Coruña), de 200 m. Linda: norte, Antonio Torre; sur, máis de Antonio Otero; leste, Concello de Vilarmaior; e oeste, predio de Amador Amado Amado, gravado cunha servidume de paso polo vento sur cun largo de tres metros para o servicio do resto do predio matriz e do lindante con este polo oeste, propiedade de Rosa de Bernardo. Sobre o dito predio construíuse un edificio de planta baixa e planta alta dedicado a oficinas e almacén.

Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 602, libro 25, folio 182, predio 2.417, inscrición 2ª.

4. Urbano: predio nº 6 do edificio nº 9 da rúa do Río Lameiriña, na vila e municipio de Marín (Pontevedra), composto de planta baixa cunha superficie útil de 177,20 m. Linda: norte, predio nº 7, portal de entrada e caixa da escaleira da edificación á que pertence; sur, Travesía de Lameiriña á Banda do Río; leste, rúa do Río Lameiriña; e oeste, rúa Banda do Río.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 2, no tomo 580, libro 91, folio 28, predio nº 7.853, inscrición 4ª.

5. Urbano: casa-habitación sita na rúa Santa Bárbara do municipio das Neves (Pontevedra), que ocupa unha superficie de 130 m, que está composta de: baixo-almacén de 96 m, primeira planta de oficinas de 96 m, e segunda planta vivenda de 110 m. Linda: dereita entrando, propiedade de Avelino Rey, agora Amalia Rey; esquerda, camiño veciñal coñecido por Travesía de Santa Bárbara; fronte, camiño público; e fondo, terreos de Elvira Rodríguez Rocha.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 559, libro 92, folio 158, predio nº 12.045, inscrición 4ª.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7152