Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (58/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 4 de setembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º.-Aproba-lo proxecto básico e de execución de reordenación da praza do Xardín Xaponés por instancia de Promociones y Alojamientos Ourensanos, S.A:, representada por José Martínez Núñez, cos condicionantes técnicos sinalados polos servicios municipais.

2º.-Requiri-lo interesado para que presente anexo ó proxecto, redactado polo técnico competente e debidamente visado, de plantacións e sistema de rego, para a súa tramitación, non podendo iniciarse as obras ata que este anexo sexa aprobado.

3º.-Significarlle á promotora que este acordo non exclúe de solicita-las demais autorizacións que sexan necesarias para a execución das obras.

4º.-Significarlle á promotora do proxecto que a súa aprobación e execución, de sé-lo caso, non xera dereito ningún nin supón modificación da situación xurídica da concesión.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de setembro de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde en funcións

7155