Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (214/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 31 de xullo de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º.-Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da zona 1 do SU-48 de Ourense, por instancia de Antonio Pérez Álvarez en representación de Unicar.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 5 de setembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

7141