Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/164-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. C.T. e R.B.T. de Parada.

Situación: concello de Portas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 20 m de lonxitude desde o apoio s/n da L.M.T. ó C.T. de Portas-Pobo, rematando no C.T. que se proxecta en Parada, con conductor tipo LA-56, concello de Portas. C.T. de 50 kVA, relación de trans

formación 20 kV-380-220 V. R.B.T. aérea de 71 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 11 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6745