Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/49-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Avda. de Vigo-Pontecesures.

Situación: concello de Pontecesures.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 715 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. 25.08 Padrón-Picusa-Finsa na derivación ó C.T. Padrón-Ponte á altura da rúa Carlos Maside, alimentando en bucle o C.T. proxectado na Avda. de Vigo, rematando na L.M.T. 25.08 na rúa Carlos Maside, concello de Pontecesures. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T. aérea de 100 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, R.B.T. subterránea de 135 m de lonxitude, con conductor de Al tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 4 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6746