Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.355

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (31/1991).

Que neste xulgado se seguen actos de xuízo executivo co número 31/1991, por instancia de Banco Gallego, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra Florentino Oliveira Mera, José Oliveira Novo e Laura García Carrillo, en reclamación de 3.372.957 pesetas de principal, máis 6.000.000 de pesetas calculadas para xuros, custas e gastos, e nas súas actuacións e por resolución do día da data, se acordou sacar en pública poxa, por primeira vez o día trinta e un de outubro de 1997, ás dez horas, na sala de audiencia deste xulgado, e polo termo de vinte días, os bens que logo se dirán.

A poxa axustarse ás seguintes regras:

Primeira.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal deste cidade, debendo facilita-lo número doe expediente ou procedemento seguinte 1590/17/00031/1991, presentando o resgardo de ingreso, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

Segunda.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo de taxación.

Terceira.-Desde a publicación da poxa ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acreditando ter efectuado o depósito previo do 20% antes indicado.

Cuarta.-Só o executante poderá facer oferta en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-As cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante, se existisen, quedarán subsistentes, sen que se dedique á súa extinción o prezo do remate, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades e obrigacións que delas se deriven.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos bens que se sacan a poxa atópanse de manifesto na secretaría deste xulgado, para que poidan ser examinados polos que desexen tomar parte na poxa, e son previdos os licitadores de que deberán conformarse con eles e que non terán dereito a esixir ningún outro.

Sétima.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma horas para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Para o suposto de que non houbese demandantes na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda o vinteoito de novembro de 1997, ás dez horas da mañá, no mesmo lugar, con rebaixa do 25% do tipo de taxación, subsistindo os demais condicións da primeira.

E para o caso de que tampouco houbese ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día nove de xaneiro de 1998, ás dez horas, no mesmo lugar cás anteriores, sen suxeición a tipo, e os que desexen tomar parte nela deberán face-lo depósito previo igual ó sinalado para a segunda, e persistindo as demais condicións.

Sírvalle-lo presente edicto de notificación ós demandados Florentino Oliveira Mera, José Oliveira Novo e Laura García Carrillo, en caso de resultar negativa a dilixencia de notificación persoal.

Bens obxecto de poxa.

1. 50% do predio número 6.974, inscrito no tomo 657, libro 49, folio 161 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela. Figura no rexistro como parcela 152-A da zona de concentración parcelaria de Santa Mariña de Gastrar, Boqueixón. Parcela a prado e labradío no lugar de Quenlla, que mide unha hectárea, 19 áreas e 81 centiáreas. Linda: norte, Jesús Vilas Giadás, Manuela Rivas Novo e Ramiro Fontenla Rivas; sur, camiño de concentración, canle que a separa de zona excluída e camiño existente; leste, Enrique Rodríguez Insua e outros, canle de rego no medio e camiño existente; oeste, canle de rego que o separa de zona excluída e Jesús Vilas Giadás.

Taxado pericialmente o 50% na cantidade de tres millóns trescentas setenta e cinco mil pesetas (3.375.000 ptas.).

2. 50% do predio número 8.235, inscrita no tomo 756, libro 56, folio 106 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela. É a parcela 27-A da zona de concentración parcelaria de San Vicente de Boqueixón, concello de Boqueixón. Labradío e monte no lugar de Carballo, de 55 áreas e 76 centiáreas. Linda: norte, Florentino Oliveira Mera; sur, Manuel Mareque Arteaga; leste, Pablo Emilio Castro Rodríguez e oeste, camiño (este predio aparace na relación de propiedade do catastro xunto coa contigua 27-B, como da propiedade de Florentino Oliveira Mera, cando no rexistro aparecen inscritos a nome dos irmáns Oliveira Novo, un dos cales, José Oliveira novo, ó que pertencen 39/60 partes deste, é tamén embaragado neste procedemento, razón pola cal será esta porción de 39/60 partes a que se valore, en lugar do 50%.

Taxadas pericialmente as 39/60 partes na cantidade de dous millóns setecentas vintedúas mil cincocentas noventa pesetas (2.722.590 ptas.).

3. Predio número 8.236, inscrito no tomo 756, libro 56, folio 108 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela. Parcela nº 27-B da

zona de concentración parcelaria de San Vicente de Boqueixón. Labradío e monte no lugar de Carballo, de 43 áreas e 90 centiáreas. Linda: norte, Florentino Vilanova Castro e Consuelo Novo Mareque; sur, Florentino Oliveira Mera; leste, Pablo Emilio Castro Rodríguez e oeste, camiño. É a parcela extremeira coa 27-A, valorada en segundo lugar. e vale paar esta o disposto na anterior.

Taxadas pericialmente as 39/60 partes na cantidade de dous millóns cento corenta e tres mil catrocentas corenta pesetas (2.143.440 ptas.).

4. Predio número 6.996, tomo 657, libro 49, folio 184 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela. É a parcela 174 da zona de concentración parcelaria de Santa Mariña de Gastrar, Boqueixón. Labradío e monte no lugar de Agro Novo, dunha hectárea, 44 áreas e 49 centiáreas. Linda: norte, camiño de concentración, Mercedes Rivas Novo e Lourdes Carrillo Giadás; sur, camiño de concentración e zona excluída; leste, camiño de concentración e zona excluída e oeste, camiño de concentración e Mercedes Rivas Novo.

Taxado pericialmente na cantidade de oito millóns cento corenta mil pesetas (8.140.000 ptas.).

5. Predio número 6.975, tomo 657, libro 49, folio 162, do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela. Segundo o rexistro é a parcela 152-B da zona de concentración parcelaria de Santa Mariña de Gastrar, Boqueixón; no lugar de Quenlla, de 35 áreas e 87 centiáreas. Linda: norte, camiño de concentración, canle de rego no medio e camiño existente; sur, Estrella Raviña Raviña, canle de rego no medio; leste, masa común; oeste, camiño de concentración.

Taxado pericialmente na cantidade dun millón seiscentas dezaseis mil seiscentas corenta pesetas (1.616.640 ptas.).

6. Predio número 6.967, tomo 657, libro 49, folio 154, do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela. Parcela número 144 da zona de concentración parcelaria de Santa Mariña de Gastrar, Boqueixón. Prado no lugar de Eira, que mide 45 áreas e 68 centiáreas. Linda: norte, zona excluída; sur, camiño de concentración; leste, Clara Pérez Torres e oeste, camiño de concentración e zona excluída.

Taxado pericialmente na cantidade de dous millóns cincocentas setenta e tres mil cincocentas cincuenta pesetas (2.573.550 ptas.).

Dado en Santiago de Compostela, dezasete de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O/A maxistrado/a-xuíz/a

Rubricado

O secretario do xulgado

Rubricado

6777