Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.354

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Doctor Cabaleiro Goás de Ourense, relativas á celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

O apartado 7 da base sexta a) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que

unha vez comezadas as probas o tribunal fará públicos os anuncios de celebración dos sucesivos exercicios nos taboleiros de anuncios do dito complexo hospitalario, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos da delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Provincial do Sergas en Ourense, e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á indicada ó seu comezo.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición, de conformidade coa seguinte distribución:

* Día 26 de setembro de 1997 (lugar: escola universitaria de Enfermería do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás):

Chamamento 17 horas: ATS/DUE, xestión da función administrativa e traballador social.

* Día 27 de setembro de 1997 (lugar: pazo dos deportes Paco Paz de Ourense, xunto ó recinto feiral Expourense).

Chamamento 9 horas: auxiliar de enfermería.

Chamamento 10.30 horas: celador, TEL, TER.

Chamamento 11.45 horas: operario e telefonista.

Chamamento 13 horas: auxiliar administrativo.

Segundo.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro (excluirase do concurso-oposición quen non compareza, de conformidade co previsto no apartado 10 da dita base sexta da convocatoria).

Terceiro.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base novena da convocatoria.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

6825