Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión do 4 de agosto de 1997, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 3, das normas urbanísticas de planeamento deste municipio, promovido por Carmen Senra Arjomil.

Consonte o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o expediente queda á disposición de tódolos interesados durante un mes, prazo no que se poderá examinar e presenta-las alegacións que se consideren procedentes.

Vimianzo, 28 de agosto de 1997.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde

6806