Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión do 28 de xullo de 1997, adoptou o acordo de aprobar inicialmente os estatutos e bases da xunta de compensación constituída para o desenvolvemento da unidade de actuación número 2, das normas urbanísticas de planeamento deste municipio, promovido por María Jesús Esmorís Ameijeiras e outras.

Consonte co disposto no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, do 24 de marzo, en rela

ción co artigo 102.4º, o expediente queda á disposición de tódolos interesados durante vinte días, prazo no que se poderá examinar e presenta-las alegacións que se consideren procedentes.

Vimianzo, 28 de agosto de 1997.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde

6808