Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 29 de xullo de 1997, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar, con carácter definitivo, a modificación do estudio de detalle da unidade de actuación s/n do Burgo que fora aprobado polo Pleno Municipal o 28 de xullo de 1992, modificación presentada polos propietaros das parcelas edificables do seu ámbito e redactada polo arquitecto Carlos Montero López, que ten por obxecto iguala-la altura da cornixa do bloque nº 2 coa do bloque 1, trasladando para iso edificabilidade dos bloques 3, 4 y 5 ó bloque 2.

2. Determinar que o anterior acordo é firme en vía administrativa e pode ser impugnado perante a xurisdicción contencioso-administrativa nos prazos e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 21 de agosto de 1997.

Carlos Martínez Rego

Alcalde en funcións

6775