Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 29 de xullo de 1997, adoptou os seguintes acordos:

1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle da U.A. 41 presentado por Camilo López Pérez, propietario único dos terreos que constitúen o ámbito da unidade e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas, que ten por obxecto defini-la rasante do novo vial e ordena-los volumes nos soares resultantes.

2. Aprobar con carácter definitivo a determinación do sistema de compensación para a execución da U.A. 41, segundo solicitude formulada polo propietario.

3. Proceder á publicación dos acordos adoptados e a súa comunicación, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na forma legalmente prevista.

4. Determinar que os anteriores acordos poñen fin á vía administrativa e poden ser obxecto de impug

nación perante a xurisdicción contencioso-administrativa nos prazos e forma previstos na súa lei reguladora.

Culleredo, 20 de agosto de 1997.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

6753