Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 12 de setembro de 1997 pola que se regula a concesión de axudas económicas á fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e ás fiscalías das audiencias provinciais, para equipamento e obras de mellora e acondicionamento de locais.

A Xunta de Galicia, tendo en conta as necesidades de equipamento, mellora e acondicionamento de locais que afectan á fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e ás fiscalías das audiencias provinciais radicadas no ámbito territorial e dependentes do devandito tribunal, e no exercicio da función colaboradora coa Administración de Xustiza, inclúe nos orzamentos xerais da Comunidade Autó

noma para 1997 un crédito para facer fronte a obras e equipamento nos órganos xudiciais.

Por outra banda, a Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, no seu artigo 40 regula a posibilidade da Administración autonómica de conceder subvencións e axudas por conta dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Neste sentido, cómpre dicta-la norma oportuna que permita, a través do dito mecanismo de axuda, paliar esas carencias, establecendo os criterios e procedementos que, de acordo coa normativa aplicable, fagan posible esa colaboración entre a Administración autonómica e a de Xustiza. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a través da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, destinará a cantidade de vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de ptas.) para colaborar coa fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e as fiscalías das audiencias provinciais radicadas no ámbito territorial da Comu

nidade Autónoma, por medio de subvencións que teñan por obxecto o equipamento e obras de mellora e acondicionamento.

As subvencións que se concedan ó abeiro da presente orde correspóndenlle á partida 13.02.123A.740.00 de subvención de obras e equipamento nos órganos xudiciais, do vixente orzamento de gastos da Comunidade Autónoma.

Poderán solicita-la subvención as fiscalías a que se refire esta disposición, así como os destacamentos fiscais dependentes de cada unha delas. Estes últimos farano a través da respectiva fiscalía á que pertenzan.

Artigo 2º

As solicitudes de subvención presentaranse, conforme o modelo que figura no anexo desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, nas súas delegacións provinciais ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º

A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

a) Equipamento:

-Solicitude conforme o anexo desta orde, debidamente cuberto.

-Proposta razoada de necesidades.

-Orzamento detallado do material para o que se solicita a subvención.

b) Obras de reparación ou reforma:

-Solicitude conforme o anexo desta orde, debidamente cuberto.

-Memoria descritiva e orzamento valorado da obra, ámbolos dous asinados por técnico competente.

-Proxecto redactado por técnico competente, cando o carácter da obra o requira, quedando incluído, na cantidade que se vai subvencionar, o importe dos honorarios do técnico autor do proxecto, de se-lo caso.

As solicitudes deberán presentarse acompañadas de certificación expedida pola fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme exista necesidade e oportunidade do contido delas.

Artigo 4º

As solicitudes serán cualificadas por unha comisión avaliadora constituída para o efecto, presidida polo director xeral de Xustiza e Administración Local, da que formarán parte o subdirector xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, dous funcionarios en representación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, un repre

sentante da fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e outro por cada unha das fiscalías das audiencias provinciais, actuando como secretario un funcionario da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

A dita comisión tomará como criterios de cualificación as razóns das necesidades de urxencia e oportunidade e elevaralle unha proposta de concesión de subvencións ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, quen logo da fiscalización da intervención delegada, resolverá.

Artigo 5º

A resolución da consellería respecto da presente liña de subvencións seralles notificada a tódalas fiscalías solicitantes transcorrido un mes desde o remate do prazo de presentación das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Esgotado o dito prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente, segundo o establecido no Decreto 273/1994, do 29 de xullo.

Artigo 6º

As fiscalías beneficiarias quedarán obrigadas a destina-los fondos adxudicados para o obxecto concreto para o que foron concedidos, agás en casos expresamente autorizados polo titular desta consellería por proposta da comisión avaliadora.

Artigo 7º

Os beneficiarios da subvención presentarán xustificantes orixinais do gasto conformados polo fiscal xefe respectivo por triplicado, antes do 30 de outubro de 1997. A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de atopalos conformes, proporá o libramento dos fondos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Nos aspectos non contidos na presente orde haberá que aterse ó disposto nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, no artigo 40 da Lei 11/1996, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1997, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Facúltase o director xeral de Xustiza e Administración Local para dicta-las instruccións que conveñan para o desenvolvemento da presente orde.

Terceira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

Sr. Director xeral de Xustiza e Administración Local

5874