Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 1997 Páx. 9.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 21 de agosto de 1997 pola que se aproba o logotipo, a contraetiqueta e o precinto identificativos da producción agrícola ecolóxica de Galicia.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, por Orde do 7 de maio de 1997, regulou a producción

agrícola ecolóxica e a súa indicación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e creou o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Posteriormente por Orde do 6 de xuño de 1997, nomeou o Consello Regulador provisional da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Este consello regulador, de acordo co fixado no artigo 8º, apartado j), da Orde do 7 de maio de 1997, propón o logotipo propio que deberá identifica-los productos agrícolas ecolóxicos de Galicia, correspondéndolle a súa aprobación á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

En consecuencia, de conformidade co artigo 30.I.3º e 4º do Estatuto de autonomía de Galicia, e co Real decreto 4189/1982, do 29 de decembro, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura e pesca, polo que se asumen competencias sobre denominacións de orixe, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbanse o logotipo, a contraetiqueta e o precinto identificativos da producción agrícola ecolóxica de Galicia, incluídos no anexo da presente orde.

Artigo 2º

Autorízase o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia para utiliza-los modelos arriba citados, ou que permita o seu uso, sempre que se cumpra coa normativa vixente ó respecto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias para dicta-las normas precisas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Ganadería e Montes

A) Amarelo: Yellow-C

B) Azul: 292-C

C) Marrón: 471-C

D) Verde: 368-C

7151