Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de xuño de 1997 pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza a Enagas, S.A. a instalación de diversos tramos da rede da Coruña, nos termos municipais de Arteixo, Bergondo, Cambre, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Advertido erro material na dita resolución publicada no DOG nº 134, do 14 de xullo de 1997, é necesario face-la oportuna corrección:

Na páxina 6.911, no punto A) do apartado dous da condición décima, onde di: «Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de 4 m de largo», debe decir: «Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 2 m de largo».

Así mesmo, no parágrafo 2 do mesmo punto A), onde di: «Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese dana-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a 10 m do eixe do trazado», debe dicir: «Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puidese dana-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a 5 m do eixe do trazado».

6762