Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.216

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1997, da comisión de selección do IV curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios da Xunta de Galicia, convocado por Resolución do 15 de xuño de 1997, pola que se anuncia a relación de admitidos ó curso.

En sesión celebrada o día 11 de setembro de 1997, pola comisión designada para a selección dos participantes no IV curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios, convocado pola Resolución do 15 de xuño de 1997 (DOG nº 121, do 25 de xuño), acordouse a selección definitiva dos aspirantes que realizarán o mencionado curso.

A relación dos seleccionados está exposta no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, podendo os interesados interpor recurso ordinario no prazo dun mes, perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Presidente da comisión

7193