Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucions formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 96/0340 e 97/0120.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 29 de agosto de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-96/0340.

Denunciado: Joaquín Gago Moreno.

DNI: 36.538.287

Último enderezo coñecido: Roger de Flor, 18, Barcelona.

Feito denunciado: pescar sen licencia.

Tipificación da infracción da Lei de pesca:

Artigo: 34.1

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.0001 multa. 1 ano Inhab.

Expediente: P-97/0120.

Denunciado: Jaime González Lista.

DNI: 33.221.543

Último enderezo coñecido: Blanco Amor, 12-T-G, Santiago de Compostela.

Feito denunciado: pescar 9 troitas de tamaño menor có regulamentario.

Tipificación da infracción da Lei de pesca:

Artigo: 33.9

Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 multa. 10.750 Indem.

5001