Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de pesca fluvial 97/0114 e 97/0162.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG

nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial da Coruña desta consellería, segundo o artigo 40 da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, información ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de agosto de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-97/0114.

Denunciado: José Amado Martínez.

DNI: 76.346.464

Último enderezo coñecido: Marqués de Zafra, 135-Madrid.

Feitos denunciados: ter nas marxes do río artefactos de uso prohibido (sedelas dormentes).

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 34.4

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa. Inhab. 1 ano.

Expediente: P-97/0162.

Denunciado: Ángel Colón Beis.

Último enderezo coñecido: Choupana, 15-Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: pescar 2 troitas de tamaño menor co regulamentario.

Tipificación Lei de pesca:

Artigo: 33.9

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 10.000 multa, 2.400 Indemniz.

6997