Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.154

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 248/1997, do 24 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, a 15/20 kV de dobre circuíto Meirama-Mesón do Vento, no termo municipal de Ordes (A Coruña). (Expediente 122-1/1995).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Severo Ochoa nº 2

da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 15/20 kV en dobre circuíto, de 3.309 m de lonxitude, con conductor LA-110, con orixe na subestación da central térmica de Meirama e remate na L.M.T. aérea denominada Carral-Mesón do Vento, afectando no seu percorrido ó termo municipal de Ordes (A Coruña) (Expte. 122-1/95).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 11-6-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 5-8-1996, no BOP da Coruña do 31-7-1996, e no BOE do 10-2-1996.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 20-11-1996, no BOP da Coruña do 27-11-1996, no xornal El Ideal Gallego do 15-11-1996, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ordes e no da delegación provincial; ó mesmo tempo, na forma regulamentaria, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública recibiuse escrito de José Candal Noya, titular dos predios nº 15, 22 e 27 solicitando que se lle indicase sobre o terreo a franxa que se ía ocupar pola servidume de paso.

O escrito foi remitido á empresa beneficiaria, procedendo esta a proporcionarlle ó alegante a información solicitada.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

xa que con esta liña se pretende mellora-las condicións de subministración ó xeito de garanti-las máximas condicións de seguridade, e continuidade de subministración no Concello de Ordes, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para a súa execución.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea que une a subestación da central térmica de Meirama e a L.M.T. aérea denominada Carral-Mesón do Vento.

Os bens e dereitos ós que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Ordes (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, a cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

6936