Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do plan especial de rexeneración do corredor natural do río Lagares (Expte. 590/405).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 3 de xullo de 1997, acordou aprobar definitivamente o plan especial de rexeneración do corredor natural do río Lagares, redactado por Gonzalo López Márquez por encargo municipal, como plan especial non previsto no PXOU.

Vigo, 21 de agosto de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde