Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 17 de xullo adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto básico e de execución da urbanización da rúa s/n na Lonia, Ourense, por instancia de Benito Freijedo González, logo da constitución da garantía polo importe dun millón catrocentas oitenta e unha mil cincocentas vinte pesetas (1.481.520 ptas.)

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse indicar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992 do 26 de novembro.

Ourense, 19 de agosto de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

6658