Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1997, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 8/1997.

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e en cumprimento do previsto no artigo 94 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos de administracións públicas, acordou darlle publicidade á adxudicación que a continuación se cita.

1. Nome e enderezo do órgano de contratación: Xerencia de Atención Primaria A Coruña-Ferrol (área A Coruña), r/ Comandante Fontanes, nº 8. 15003 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público aberto e tramitación ordinaria.

3. Categoría do servicio e descrición: 14. Limpeza de edificios e administración de bens inventariables (limpeza xeral, desinfección e desinsectación de varios centros dependentes desta xerencia).

4. Data da adxudicación do contrato: 17 de xullo de 1997.

5. Criterios da adxudicación do contrato: oferta económica: (50%). Calidade técnica: (35%). Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: (15%).

6. Número de ofertas recibidas: 12.

7. Nome e enderezo do prestador de servicios ou prestadores de servicios: Claro Sol, S.A. r/ Ronda de Outeiro 281, 1-A. 15010 A Coruña.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagos: 42.015.193 ptas.

9. Se é o caso, valor e parte do contrato que poidan ser obxecto de subcontratación a terceiros: ningún.

10. Outras informacións.

11. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial das Comunidades Europeas: 5 de abril de 1997. Boletín Oficial do Estado: 16 de abril de 1997. Diario Oficial de Galicia: 16 de abril de 1997.

12. Data de envío do anuncio: 19 de agosto de 1997.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a OPOCE).

A Coruña, 18 de xullo de 1997.

Miguel Santiago Boullón

Director xerente en funcións

6764