Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso procedemento aberto, para a contratación da subministración de vehículos para o ILGG.

Obxecto: subministración de vehículos con destino ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

Orzamento: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas), IVE incluído.

Prazo de execución: quince (15) días.

Garantía provisional: duascentas mil pesetas (200.000 ptas).

Garantía definitiva: catrocentas mil pesetas (400.000 ptas).

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán á disposición dos interesados, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do ILGG (rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no antedito rexistro antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de propostas admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala B de reunións da Consellería de Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano) ás once (11) horas do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó do termo do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reuniríase o luns seguinte á mesma hora.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Presidente do Instituto Lácteo e

Gandeiro de Galicia

8588