Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1997, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación da xestión do centro socio-sanitario de Castro Ribeiras de Lea (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 3909/1996, do 1 de maio, esta dirección xeral acorda darlle publicidade á seguinte adxudicación de contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servicios públicos.

b) Descripción do obxecto: xestión do centro socio-sanitario residencia asistida de maiores de Castro Ribeiras de Lea (Lugo), en réxime de concesión.

c) Data publicación: DOG nº 79, do día 25-4-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación:

Importe praza/día/válido: 3.600 ptas. (IVE incluído).

Importe praza/día/asistido: 6.600 ptas. (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 24 de xullo de 1997.

b) Contratista: Quavitae, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe/praza/día/válido: 3.456 ptas.

Importe praza/día/asistido: 6.335 ptas.

e) Prazo de execución: 5 anos.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

6951