Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foron outorgados os permisos de investigación que se relacionan.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que, por Resolución do 30 de decembro de 1996, foron outorgados os seguintes permisos de investigación, con expresión de número, nome, cuadrículas mineiras, recursos e concellos:

5674; Muxa; 15; granito ornamental; Castro de Rei e Lugo.

5674.2; Muxa fracción segunda; 6; granito ornamental; Castro de Rei, Lugo e Outeiro de Rei.

5778; Ares; 2; granito ornamental; Guitiriz.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 18 de agosto de 1997.

P.S. do delegado provincial

(Artigo 8, Decreto 209/1990)

Juan Antonio Gálvez García

Xefe de Servicio

6356