Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia consistente na realización dun estudio para a posta en marcha do parque tecnolóxico de Cerámicas Avanzadas.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 23/1997.

Obxecto do contrato: realización dun estudio que analice e detalle en profundidade a viabilidade técnica do parque tecnolóxico de Cerámicas Avanzadas, así como as actuacións precisas para a súa posta en marcha e desenvolvemento.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución será de seis meses desde o día seguinte ó do asinamento do contrato. O contrato executarase en dúas fases:

Fase A: data límite de presentación, 1 de decembro de 1997.

Fase B: o tempo que resta ata completa-los seis meses da execución total.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000) dos que sete millóns cincocentas mil lles corresponden ós traballos que se van desenvolver en 1997, e os sete millóns cincocentas mil restantes ós realizados no exercicio 1998.

Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de contrato (300.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Conselleiro de Industria e Comercio

6671