Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/29-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Telefónica Móviles, S.A.

Enderezo social: Castrelo-Laxe, 15118 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Telefónica Móviles A. A Cruz. Ponteareas.

Situación: A Cruz, Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 117 m de lonxitude, desde a L.M.T. de Guláns-A Cruz ata o C.T. da Cruz, no concello de Ponteareas. C.T. de 25 kVA, relación de transformación 20.000/398-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 29 de xullo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6992