Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Alabe-Nordés nos concellos de Muras e O Valadouro.

O artigo 2-4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais

se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico de Alabe-Nordés, nos concellos de Muras e O Valadouro e solicitado pola empresa Ineuropa Eólica del Xistral, S.A.

Segundo.-Para os efectos informativos, o estudio de efectos ambientais poñerase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

-Concello de Muras.

-Concello do Valadouro.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Cuarto.-Unha vez rematado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6817